Que mellor sitio que este, que ninguén atopará, para escribir estas cousas que me pasan pola cabeza cando saio correr 😅.
Probablemente algúns destos pensamentos resulten interesantes a algunha persoa, pero sexamos honestas, eu mesmo cando chego a casa despois de correr, deixo que apousen as substancias do pracer que crea o exercicio físico e intento recuperar o pensado... moitas veces nin me acordo desas ideas "xeniais" e solucións "evidentes" para os problemas que xurden durante esas horas correndo.
Intentarei atrapar algo aquí.
Como digo no toot de arriba, hoxe pillei unha boa molladura. Non tiña pensado saír a correr, pero tampouco tiña pensado o contrario 😅, eran as 7:30AM e estaba perdendo un pouco o tempo na internet e así nun arrebato dixen "vou dar un volta". Mirei pola fiestra, era noite e estaba o chan mollado, mais non chovía.
Foi saír da casa e aos dous minutos comezou unha chuvia mesta, non orballo, se non unha chuvia propiamente dita. Que ben me sentía! Saín a correr suave, ao xeito do corpo e sen forzar. As pingas de auga logo chegaron á boca, escorrían pola cara, sentín ese sabor case doce da chuvia. Unha chuvia quente, propio das borrascas que neste tempo veñen de latitudes baixas, nubes cargadas de humidade tropical.
Ata ben entrado novembro temos esta chuvia agradable, que podes saír a correr con roupa de verán (e acabar como un pito) e non pasar pisca de frío. Nin me preocupo de abrigarme e por suposto: hai que pillar tódalas pozas.
Cando chega o frío...
foron 12,5km en 77' por camiños do monte local, con 340m. de desnivel positivo
/\ /\
/ \ / \
__/ \_/ \
/ \
__/ \
__----__---__/ \_
menuda tontería -_-