/blog

Inicio

 

Pechándome na burbulla

que gustito para mis orejas.

 

onte (domingo) fun dar un paseo andando e aproveitei para ir escoitando un programa do podcast de Debbie Potts.

 

Nalgún sitio escoitei falar dela, creo que no de Brad Kearns hai uns días, e o título do podcast fixo que picase.

 

The low carb athlete podcast

 

A podcast to help athletes of all levels gain the tools to improve fat loss, performance and longevity.

 

Se non tivese abondo cun "vendedor de aceite de serpe" (Ben Greenfield), agora escoito unha acólita 😄

 

Coñecendo a Debbie

 

Subscribinme e mirei na lista de programas algún que me chamase a atención, e pareceume que este de abril era axeitado.

 

Episode #415 Debbie Potts on how to train, fuel and perform your best! 📻

 

Debbie shares her background to explain her purpose, passion and mission to help other ambitious, driven, high performing individuals how to get their body and vibrant self back again by investigating what is actually going on “under the hood” to help put the missing pieces of the puzzle back together again!

 

Parece un resumen axeitado do seu traballo. E así foi. Como "host" non me pareceu unha marabilla, pero se ten persoas convidadas relevantes e fai as preguntas axeitadas xa me vale. Neste programa fala moito das "outras" cousas que afectan ao rendemento deportivo, non só é relevante esa hora que adestras, se non as 23 restantes. Xestión do estrés, comer decentemente, descansar, etc.

 

Descarguei outros dous episodios para darlle unha oportunidade e a ver se mellora.

 

O da burbulla do título ben a conto de que é un podcast para "darme a razón a min mesmo", para afianzarme nas "crenzas propias", reforzar a fe.

 

/blog

Inicio