onte escribín
debido a que o Servizo de Saúde de Galicia (SERGAS), anunciou como "novidade e gran avance" que se podería pedir cita para a vacina contra o virus que causa COVID-19 utilizando a aplicación WhatsApp.
Debo explicar a razón de que esto é unha mala idea? Entón preme na ligazón /home ou pecha esta páxina -_-
levo moitos anos nesto do software libre (>15), nunca tiven predicamento, nin "audiencia" nin nada parecido a una "autoridade" no tema, simplemente UTILIZO SOFTWARE LIBRE e comparto e axudo para que calquera poida facelo.
Tamén colaboro doutras formas, desde traducindo a pequenas aportacións económicas, pero a PRINCIPAL FORMA DE COLABORAR CO SOFTWARE LIBRE, na miña opinión, é utilizandoo.
É habitual que a administración se deite con google, microsoft, etc., pero que un servizo público de saúde decida utilizar un produto de FACEBOOK para xestionar as citas para vacinarse a min paréceme un salto cualitativo, asimilable a subir a Drive o historial médico, as receitas dos medicamentos ou utilizar Skype/Zoom/... para consultas co especialista. Todo chegará, xa non teño dúbida. E iso é o que me puxo triste, porque pensei que era un paso ao que non chegariamos, pero agora vexo inevitable a deriva.
este feito levoume a pensar no INÚTIL que resulta "evanxelizar" nesto do software libre, no respecto pola privacidade, o dereito á intimidade, etc.
A tódalas personas lle pareceu "fenomenal" a iniciativa, cómo lle facilitan á xuventude poder vacinarse. Lévanme os demos, e isto consume enerxía, cánsame.
Podendo estar relaxado, da cabeza, resulta que me crea ansiedade tanto o feito en si como a percepción social que se ten de min. Quizais un pouco máis de autoestima faría que non me afectase. Ser "raro" por, por exemplo, correr descalzo, non me causa estrés, que o SERGAS me cite por WhatsApp si.
A normalización deste tipo de actuacións, por parte da administración pública, conta co beneplácito do 99% cidadanía. O que me causa máis tristeza é que a xente do software libre, QUE TANTO SE LLE ENCHE A BOCA CO PUTO SOFTWARE LIBRE, é totalmente incongruente ao respecto. Non vou perder a saúde mental defendendo unha causa de persoas que SINTO ALLEAS.
a ti, que segues ahí, dareiche ánimos e agradecerei o teu esforzo.
Non vou deixar de usar software libre, nin xeitos de comunicarme respetuosos, só que non vou dar a turra con todo iso. ATPC.
No fediverso e nos blogs falarei de temas que nada teñen que ver, de saúde, de deporte, de música, libros, natureza, iniciativas sociais, ... será outra forma de colaborar, supoño :(
Sobra dicir que isto escríboo AQUÍ porque NECESITO facelo público, pero non atopo un lugar máis agochado do foco que este para rumiar o tema.