si, con interrogación.
Love is gone - David Guetta feat. Chris Willis. En llotube 🚨
What are we supposed to do?
after all we have been through
when everything that felt so right is wrong
now that the love is gone
Non nos poñamos dramáticas 😅, que só falo das gañas que teño de ir a competencias.
Persoa que leva moitos anos correndo, que participaba nunhas vinte carreiras ao ano, desde a típica 10k nas rúas da vila de turno ata maratóns polo monte.
Visto así, non son moitas. Polo menos non cualifico como adicto se me comparo con esas persoas que rara é a fin de semñana que non van a unha (ou máis) carreiras.
Que no estamos tan mal hombre!!
Son un "habitual". Levamos ano e medio longo de pandemia COVID-19 e fun a un par de carreiras en maio (estamos a final de setembro) e a verdade é que foi unha experiencia "meh", nin fu nin fa, carreiras augadas.
Nesas dúas carreiras nas que participei a interacción social estaba limitada, con máscara en todo momento, sen poder agruparse, os avituallamentos limitados, etc. Todo o que resultaba normal, prudente e lóxico para evitar contaxiar un virus. A saída da proba por parellas cada vinte segundos (ex.) convertiron os eventos en contrareloxos máis que en carreiras.
Así, pérdese prácticamente o compoñente social de "correr con outras persoas". Non sabes con/contra quen compites; adiantas/adiantache xente que vai moito máis lento/rápido; non sabes se ti vas como debes (esto menos); dubidas se dirixirlle a palabra a alguén na carreira (non levamos máscara) por se lle parece mal; na meta non te demores e pon rápido a máscara; non fagades grupos grandes de xente; ...e así todo.
Non me queixo. Son problemas menores en relación á situación xeral do mundo. Só describo e comparo coa experiencia que tiña eu ao participar nas carreiras.
chegabas unha hora ou un anaco antes e na fila para recoller o dorsal, unhas pegadas ás outras, xa falabas e comentabas como se presentaba o día. Moitas veces conversabas uns minutos con completas descoñecidas, pero que vos recoñeciades mutuamente como "parte da tribu", como "corredoras".
Saudabas e poñíaste ao día coas "penas", as "lesións", o "pouco que pode adestrar fulanito" pero que despois na carreira voa, o típico "hoxe vou ir tranquilo" que despois xa está abafado no quilómetro un... XD . O normal!
E a saída? Un grupo de 80, 200, ... 5000 persoas sen máis espazo interpersonal que o decoro e o respecto (a veces), saíndo en estampida á voz de XA!
Fáltame sentirme relaxado.
Non son unha persoa extrovertida, tampouco evito a socialización 😁, só educado aínda que algo retraído no contacto con persoas extrañas; pero gústame ver XENTE FELIZ, porque nas carreiras SOMOS PERSOAS FELICES. Cada unha cos seus problemas que deixamos na casa, raras son as malas caras, as palabras recias, o ambiente é relaxado con conversas animadas, con palabras de ánimo sempre desexándolle o mellor a outras, empatía.
Aprecio compartir a experiencia con outras persoas que senten o mesmo ca min. A miña ansia competitiva con respecto a outras persoas, desde hai anos, é nula. Tomas referencias con algunha persoa para obxectivar o resultado, non son inmune á vaidade, pero cáusame "estrés cero" o resultado final se cando entro en meta sentín que estiven unha hora desfrutando do propio esforzo e da SAÚDE de poder correr.
Non é o que sentín en maio, e non volvín.
Agora en outono hai moitas máis carreiras, parece que se van relaxando as normas sanitarias (por estar maiormente vacinadas) e plantexeime algunha inscrición. Pero non. Non me apetece. Sigo adestrando (como sempre, sen plan de adestramento) e manténdome activo, polo que non tería problemas para apuntarme a calquera carreira, pero non sinto esa ansia.
Certo é que me segue gustando correr. Un día destos voume inscribir a unha carreira, por compromiso, por costume, ... e desfrutarei outra vez. Espero.
Cando fun en maio e saudei a personas que había máis dun ano que non vía foi agradable, porque nunca se sabe se tiveron algunha desgracia na vida que lle privou do LUXO que supón participar en carreiras. Se a saúde propia e da familia llo permite é un bo sinal. Tamén que estén alí significa que non perderon o amor (where has love gone?)
Eu tampouco o perdín 😉