Un mal capitalista

 

onde comparto unha historial real acerca da miña forma de pensar (e como pensan outras)

 

Exposición de feitos

 

no meu traballo vendemos uns produtos X e tamén determinados servizos. En certos aspectos somos un intermediario, quere esto dicir que compramos a un prezo e vendémolo a un prezo superior. O normal neste mundo.

 

Neste caso particular entregamos un presuposto a un cliente por valor tantos€, na confianza de que o provedor nolo ía suministrar a un prezo compatible coas marxes de beneficio habituais. Non é así, o prezo de coste é moi superior. A marxe de beneficio habitual é irrelevante para o caso, pero o valor en € do produto si, e este é ínfimo se temos en conta a facturación mensual da empresa. Significa virtualmente NADA.

 

Ao cliente non lle vamos a cobrar máis do presupostado. Esto é así.

 

O problema

 

na miña opinión: Cero problemas

 

asumimos que nesta intermediación non imos obter beneficio, pero en ningún caso se van a peder cartos. Terás un cliente satisfeito, que ve que cumples co pactado, e xa noutra ocasión obteremos unha maior plusvalía. Porque volverá se somos de confianza.

 

Según o socio capitalista...

 

hai que perder unha hora de tempo, unha hora que é máis valiosa que o beneficio que se obtería da venta orixinal, buscando outro provedor que nos proporcione o produto a un prezo semellante ao agardado inicialmente.

 

É dicir, hai que perder o cu por uns míseros euros que signfican nada para min, porque para o socio capitalista si.

 

Conclusión

 

nunca chegarei a nada neste mundo.

 

Xa non polo caso concreto, se non polo que manifesta acerca da forma de pensar das persoas.

 

Despois de dez minutos desistín de participar, deixei que outros rompan a cabeza buscando gañar catro pesos máis en lugar de centrarse no relevante.

 

Esa persoa, sen que eu entenda que é avara, é como se lle sentase mal non "optimizar" a operación, como se fose unha mancha no expediente.

 

gemini é para isto?

 

Vexo moito contido personal en gemini, quizais debido á asunción de que isto non o vai ler nin dios.

 

Probablemente sexa unha nova causa de frustración para min.

 

Ata a próxima.