🚀/home

gemlog

 

Actividades en Setembro

 

caderno de bitácora de ghose,

data estelar 99354.99

 

Imaxe coa comparación entre Setembro e Agosto

 

Medicación

 

Creo que só lle tiven que tomar un ibuprofeno un día, por unha molestia/dor tipo random que me apareceu no xeonllo esquerdo. Pero con un só xa pasou. Esto está ben tamén, pois levo moito tempo (anos xa) así, sen nada cronificado.

 

Teño que vixiar un pouco o pé dereito, facerlle un pouco de exercicios rolando a bola, porque a veces érgome coa fascia un pouco "acartonada".

 

Polo miúdo

 

ciclismo

 

é a novidade fundamental e a razón de facer tantas horas. Comezou a temporada de ciclocross na tv e non me costa nada facer esos 50/60' de rodillo mentras vexo algún cross.

 

correr

 

saín menos que o mes pasado, pero non por ningún problema, só que o día ten as horas que ten e non vou queimarme sen ter unha razón (non estou apuntado a competencias)

 

andar

 

mantiven certa regularidade con respecto ao mes anterior. Aínda que baixou a media diaria de pasos, creo que estivo ben (uns 17000).

 

ximnasia

 

anecdótico

 

como sempre: a ver se inclúo algunha rutina de xeito regular :(

 

Valoración xeral

 

Fixen bastantes horas de actividade o que quere dicir que tiven boa saúde e ánimo suficiente. Esto xa é un bo sinal, un luxo. Poder dedicar unhas 38h. durante o mes, máis de unha ao día, significa moitas cousas. Algún día heinas escribir.

 

Creo que foi un mes de manter a condición física sen aumentar o estrés para o corpo. Creo, porén, que non comín demasiado ben, ou esa sensación tiven, ou creo que o en semanas anteriores prestaba máis atención a non comer o que non debo. O peso ben, normal, nas marxes habituais quero dicir.

 

🚀/home

gemlog