🚀/home

gemlog

 

A burbulla Facebook

 

estamo tanagustitoooo!!

 

Pois se un está ben, para que carallo vai cambiar? Non é?

 

Así están hoxe moitas asociacións, clubes, empresas, organismos públicos...

 

Intentando informarme

 

entre as aficións que teño, ou tiña, está a de participar en eventos de carreiras populares. Normalmente están organizados por pequenas empresas ou asociacións locais en colaboración cos concellos (isto é un dicir) e para a xestión contratan a empresas que se encargan do papeleo, permisos, inscricións, cronometraxe (isto parece un requisito hoxe en día), publicidade, difusión, etc.

 

Entéraste (polo medio que sexa) de que hai unha carreira e consideras participar tras informarte dos detalles. Para iso usabas internet (así, de forma xenérica). Pero agora hai que ir á "intranet de facebook" para enterarse dos detalles dos eventos e sobre todo das actualizacións que poida comunicar a organización da mesma, como poden ser horarios, transporte, requisitos para participar, cambios no percorrido, distancia, etc.

 

Na seguinte imaxe pódese ver o que eu vexo na pantalla cando intento ACCEDER Á INFORMACIÓN

 

Pantallazo do portal de acceso a Facebook

 

Por que isto non é admisible?

 

"admisible" é, pois están no seu dereito, e se non me gusta pois a rañala (eu).

 

É ético? é desexable? é recomendable?

 

Nin idea, a verdade. O que sei é que non concorda co que eu considero que é informar, difundir e convidar a participar. Pero aparentemente a todo o mundo lle parece normal, que é moi práctico e útil. Así que eu respondería NON ás tres preguntas.

 

Nada máis quería dicir que as que estamos fóra da burbulla tamén nos gusta participar en eventos populares e se podemos informarnos nunha páxina web (sabes o que é iso?) ou recibir os avisos no correo electrónico QUE XA PROPORCIONAMOS en lugar de ter que ir mirar o valado de FB pois gañariamos todas as persoas.

 

Solución

 

 

A primeira non, xa cho digo eu. A segunda xa ten pasado e a terceira tamén.

 

🚀/home

gemlog