Caben dúbidas acerca do conveniente que resulta poder comunicarse a través de internet? Sexan mensaxes de voz, chamadas de audio o vídeo e sobre todo (para min) mensaxes de texto e ficheiros personais.
Creo que non.
Non cabe dúbida tampouco de que o termo "comunicarse" non ten a mesma definición para todas as persoas.
Un servidor xmpp/jabber aloxado na miña casa.
E a aplicación Signal tamén, un servizo alleo.
Si, funciona. Podo enviar e recibir mensaxes a calquera servidor xmpp, pero só o utilizo para cominicacións coas persoas máis próximas. Os clientes de jabber teñen soporte para varias contas, polo que no mesmo dispositivo teño a conta que uso de xeito íntimo, no meu servidor, e a conta que me proporciona un servidor alleo para comunicación con "persoas de internet" e con grupos alleos e canles.
máis que signal ou telegram ou incluso whatsapp (se excluímos o que garda do resto de aplicacións de Meta).
Aínda tendo activado o cifrado E2E (OMEMO) os logs son moito máis detallados (se así o estableces, como administrador do servidor podo establecer o nivel de rexistro así como ver os metadatos dos ficheiros compartidos, aínda estando cifrados).
Grand jury subpoena for Signal user data, Central District of California (again!)
Once again, this subpoena requested a wide variety of information we don’t have, including the target’s name, address, correspondence, contacts, groups, calls.
As a result, our response to the subpoena will look familiar. It’s the same set of “Account and Subscriber Information” that we can provide: Unix timestamps for when each account was created and the date that each account last connected to the Signal service.
"datos que Signal coñece sobre ti (a túa conta)"
Ten o valor de que podemos estar certas de que é verdade que só teñen iso acerca da nosa conta.
Sendo cínico e desconfiado, un pode asumir que unha empresa destas MINTA a conciencia. Non só que manipule a linguaxe para confundir e enganar, se non que directamente minta. Se lle pido EU a información pódenme dar o que estimen (asumindo as consecuencias en futuras investigacións se non é completa e veraz), pero é un risco asumible.
A un Gran Xurado, en Estados Unidos de América, un non lle minte. Non lle minte nin a un Axente Federal. Podes non responder (ao axente), asumindo as consecuencias, pero non mintes, non che convén en ningún escenario. Pero a un Gran Xurado hai que atendelo. Parece un pouco infantil esta frase, pero vémos en ducias de investigacións como este tipo de institución recaba información prácticamente a vontade (mandatos xudiciais e do congreso, investigacións en curso, "interés nacional", etc.)
Volvamos ao cinismo por un intre: investígase o que se quere investigar, se non convén, non se investiga e santas pascuas.
Datos personais da túa conta que garda Telegram
Política de privacidade de Signal
Non me molestei en ir a ver a política de privacidade de whatsapp
Creo que lles resultará útil sobre todo se lle dis que esa información pertence á mesma empresa que instagram ou facebook. En realidade, o máis probable é que sexa inútil, así que non lles digas nada. En todo caso garda a ligazón a este artigo por se algún día sae a conversa e poidas argumentar.
Instala Signal no teu dispositivo (escritorio e plataformas móbiles).