🚀/home

gemlog

 

Informe actividades Novembro

 

TL;DR

 

o mínimo posible

 

Gráfica co toal de actividades en outubro vs. novembro

 

🤔 doume conta de que as frechas na gráfica van ao revés, deberían sinalar de Outubro hacia Novembro

 

 

| Datos | Outubro | Novembro |

| ---- | ---- | ---- |

| andar| 92 | 150 |

| bicicleta | 413 | 226 |

| correr | 125 | 99 |

 

A ver, por unha vez, un pouco de sinceridade: o 80% do que se ve na foto fíxeno ata o día 15, que fun correr a Moeche[1]. Ahí dei por rematada a inexistente tempada de competición e dediqueime a andar un pouco (pero case a diario), algún paseo na bici e algún día que facía bo subín un par de veces ao monte. Punto. Nin ximnasia, ni respirar nin nada. Igual un día corría dúas horas como botaba tres indo só andar unha hora.

 

Comer? O que caía no prato (pero ben).

 

Con todo quedoume un mes apañado, con 16.000 pasos ao día de media, sen estar case ningún día sen facer nada.

 

Recoñezo que o que fallou foi a motivación, o ter un obxectivo, o que fose, o que sexa, pero verlle sentido ao que fas.

 

A saúde ben, polo menos non notei nada nin me sentín agotado mentalmente. Só non me apetecía XD

 

Que cabería agardar de Decembro?

 

 

Contareino.

 

[1]- relato do trail de moeche"

 

🚀/home

gemlog