Inicio

blog

 

Corredora

 

Autora: María Reimondez

 

Un relato curto, novelando a vida dunha rapaza etíope desde a súa aldea natal ata a élite do atletismo.

 

Comentario

 

María Reimóndez usa a vida dunha corredora para describir a realidade social, económica e política de Etiopía.

Quedoume curto, e non porque non fale de "cousas de correr", se non porque paréceme unha obra orientada a un público infantil/xuvenil, para presentarlles a crúa realidade de outras persoas, tan allea (probablemente) da súa.

Non é esta unha crítica negativa do traballo da escritora, só o que sentín ao ler o libro.

 

fonte do comentario

 

(na web, bookwyrm)

 

Non foi o que supoñía que ía ser, pero deixouse ler. Collín prestado o libro en

 

galiciale.gal (web)

 

POR FÍN! de casualidade vin un comentario no fediverso onde alguén informaba acerca do complemento para Calibre que permite engadir os ficheiros .ascm de Adobe Digital Editions. Así, podo descargalo legalmente lelo nos lectores de libros eléctronicos ou no ordenador.

 

Inicio

blog