16 de Abril, domingo, ás 4:30PM
Cunha temperatura e hora moi pouco habituais
Sacaron esta carreira da manga os políticos para quedar ben, hai que dicilo así. Cun presuposto e parafernalia de adorno, speaker, publicidade, contratación de atletas "famosos", premios xenerosos, inscrición gratuíta... pero anunciada mes e medio antes da proba... para disputarse pola mañán ... aos quince días cambiarona para pola tarde!! Escoitei rumores sobre as razóns, pero prefiro non poñer nada aquí, porque fosen cales fosen as razóns a min paréceme pouco serio (ademáis de ser un cambio para peor).
Pois iso: sobredimensionada. Pero veña! ata aquí as queixas! (que non son tal, só describo, porque deume igual todo)
Un recorrido homologado de 10 quilómetros (2 voltas de 5) saíndo e chegando ao lado da Catedral. Indo por Xoan XXIII, baixar ao Audotorio, Vite, Galeras, Pombal, JuanCarlos I, rúa do "Simago", Plaza de Galicia, Senra, Toral, Rúa do Vilar, Platerías e Obradoiro. Jé! acordeime.
A min pareceume ben porque pasas dúas veces pola zona vella da cidade, con moito turisteo e xente animando. Non é para facer marca personal, pero é variado, con sube baixa importante que fai que teñas que ser táctico, tanto se compites contra outras persoas como se o fas contra o crono.
O caso é que fun dar unha volta, saúdar á xente e pasar a tarde, pero é que nin así se me fixo fácil. FACÍA DEMASIADO CALOR. Non me pasei de voltas, fun con xeito, pero se tivese que ir un punto máis rápido non sei se sería quen de facelo. Saín atrás e con calma, pero desde a primeira subida do Pombal fun con intensidade e pasando xente.
Non podo dicir que me sentise forte, pero tampouco mal. O calor afectoume, pero non me sentín asfixiado e recuperei ben ao rematar (relaxeime rápido).
O pés aguantaron ben (corrín descalzo) pero teño que comezar a valorar NON correr descalzo en Santiago :( , porque o asfalto e cemento en moitos tramos estanse poñendo moi rotos e abrasivos. Nas pedras da zona vella vaise moi ben, agradecendo o fresquiño respecto do asfalto, pero fastidioume máis o abrasivo dalgún tramo que a temperatura do mesmo. Ao final estaban algo "recalentados", como rozados, pero non me fixen ningunha frida.
Fixen 53 minutos pelados, a primeira volta máis ou menos como pensaba, pero a segunda fíxena no mesmo tempo pero o esforzo percibido foi bastante superior. É o que había, e non me parece que as marcas dos gañadores ou outra xente fosen gran cousa tampouco.
pois oxalá repitan para o ano pero facendo mellor as cousas e con tempo. Eu paseino ben despois de tanto tempo, pero as expectativas estaban baixas así que con non levar un golpe pois xa me valía.
Creo que é a primeira vez que publico unha foto miña en internet, pero esta quedou moi bonita (opino).
Bonita foto que me fixeron, na praza de Platerías.
...total, quen le isto? XD