1 de outubro de 2023
pois por Brión andivemos
había dous ou tres anos que non ía (polo menos*) e fun un pouco sen saber moi ben como era a cousa. Alí mesmo na saída souben que eran dúas voltas (10K) Así que o plan de "ir rapidiño que total logo acabas" foi ao carallo e tiven que regular un pouco.
a min temperatura resultoume agradable, pero é verdade que para ser outubro quentaba. Daban auga ao pasar así que non había problema.
Moito gusto ver tanta rapazada nas carreiras das outras categorías e na de personas mayores tamén nos xuntamos un lote.
O circuito resultou ser moi moi parecido ao que se facía pero saíndo dunha rúa alá abaixo en lugar de na carballeira de Santa Minia. Un pouco jodido se saes a lo loco, pero polo menos é entretido e non unha carreira nun polígono.
Grazas a todas as persoas que traballan para sacar a carreira adiante un ano máis
Corrín descalzo, e só foi jodido o tramo aquel duns trescentos metros onde das a volta entre as casas, polo demáis sen problema.