autores: Christopher Mcdougal e Eric Orton.
as ligazóns do artigo funcionan na
A continuidade está no xeito en que a autora entende a carreira a pé, no feito en que todas as persoas podemos correr e desfrutar correndo.
Un dos principais problemas para comprender a última afirmación é a imaxe icónica do que hoxe en día se entende por correr, totalmente orientada a competir. Non cabe na cabeza da xente que se poida saír a correr como quen sae a dar un paseo, coa mesma sensación de esforzo. Correr como xeito de establecer relacións, de compartir experiencias, de traballar pola comunidade.
Eu non sei explicar estas cousas, para iso te convido a ler os libros.
Ao xeito do corpo, maiormente.
Neste libro, a diferencia do primeiro, si que hai instruccións para poder correr con saúde e desfrute, partindo de cero se fose o caso. Desde principios básicos para mellorar a mobilidade e forza ata alimentarse de xeito saudable.
Se isto che da igual, se non é unha prioridade, non pasa nada, cada quen ten as súas. Parece neste mundo que as opinións e posicións sobre calquera tema só poden ser binarias, sen matices. Spoiler: pois nin o mundo nin as persoas somos binarios. Non tes que ter como obxectivo correr un maratón para comezar a comer ben; non tes que preparar unha carreira de obstáculos para intentar durmir e recuperarte mellor; non precisas facer un ultra para aprender a escoitar ao teu corpo. Non é todo ou nada. Neste eido, non é pasar da cadeira a un 10K, é pasar da cadeira a saír pola porta dar un paseo.
Ao longo do libro imos coñecendo historias de persoas normais que corren. Algunhas corren máis rápido ou máis lonxe, pero en ningún momento se establece que unhas teñan máis mérito que outras.
Son historias de establecemento de relacións entre persoas, de creación de comunidades usando a carreira a pé como nexo. Esta foi a parte do libro máis interesante para min.
Os primeiros capítulos están orientados aos fundamentos básicos para poder correr: non comer mal, mover o corpo, descansar e recuperarse, escoitar como te sintes. O seguinte paso é o xeito en que nos movemos ao correr, a biomecánica. Esquece as fotos das revistas, os yutubers, esquece o que cres que sabes de correr. Se humilde e comeza realmente de cero. Se honesta contigo.
Tras todas as explicacións, para intentar convencerte das razóns subxacentes, o libro tamén inclúe unha táboa cos exercicios para un plan de reeducación de nove semanas. Tamén a ligazón a unha aplicación para o móbil para seguir o plan, recibir consellos, vídeos explicativos, etc. (non mirei nada disto).
A min gustoume e desfruteino. Xa lin varios libros de Christopher McDoughall e sempre facilita a lectura, sempre transmite emoción e humanidade e intenta ser didáctico.
En termos de libro didáctico ou divulgativo creo que está ao par do de Marc Cucuzzella - Run for your life. En Born To Run 2 temos a Eric Orton para guiarnos e establecer os fundamentos dun xeito de correr saudable.