Inicio

Blog

 

El Coronel no tiene quien le escriba

 

Autor: Gabriel García Márquez

 

Moi apropiado ter lido o relato en outubro.

 

sobre a vellez.

 

Chegamos a este mundo con data de caducidade pero con férreo desexo de permanencia, agarrámonos cal carracha non só á vida, se non ás nosas conviccións.

 

Emporiso, imos encollendo e achegándonos á marxe, para que outras pasen. Se non apartamos, abéirannos.

 

Este Coronel, que estivo ás ordes do Coronel Aureliano Buendía, é vello e dependente. E pobre. Xunto á súa dona, pasan miseria e sobreviven con toda a dignidade que son capaces de xuntar, pero a dignidade non se come.

 

Transcurre o relato agardando polo cumprimento dun compromiso económico, pero sobre todo de recoñecemento, de non ser esquecido na morea de papeis, de non quedar na irrelevancia despois dos sacrificios feitos.

 

Na súa condición actual debe esta parella aguantar non só a penuria económica, se non tamén condicionamentos sociais e políticos que non favorecen a súa causa.

 

Reflexionan entre si, analizan con lucidez a súa condición de necesidade e desamparo, pero con dignidade, non orgullo baleiro nin xenreira. Pódenche pasar cousas peores que non ter que comer ou morrer na indixencia.

 

E claro, tamén está O Galo, utilizado como metáfora igual que a leiteira do conto.

 

se tivese a que vai polo mato, faltábanme tres para ter catro.

 

Este autor sabía meternos no lugar e no tempo. Esa chuvia e calor do trópico, esa pachorra e os tempos do trópico, ese caciquismo e abusos de poder... non só do trópico.

 

 

Inicio

Blog