Jules Winnfield mirándote con mala cara
then why are you trying to fuck him like a bitch bro?
― Jules Winnfield
É raro o día en que non lea no Fediverso unha analoxía pouco afortunada sobre algún dos temas de actualidade. «Polémicas do día» sería un termo máis preciso. Mellor así.
Os suxeitos habituais son os nazis, a transfobia, as políticas fascistas, o racismo… xunto con outros temas relativamente menores, mais relacionados, como que un millonario fascista² controle o debate público. Faino a través dunha ferramenta de software chamada X (xe).
Para referirse a esa ferramenta é habitual que as persoas usen a analoxía do «bar de nazis rexentado por un nazi».
deamos por válida a analoxía, que a usan persoas bébedas de nazismo (xeneralizando), e que a traen ao Fediverso esa merda que alí atopan. Non para que adhiramos ás «teses nazis», se non para que abominemos ao xeito en que elas o fan (supostamente).
É dicir, ás persoas que «evitamos ir a bares nazis» trátannos como eses cadeliños novos que cagan no medio do corredor e lle meten o fuciño na merda (forzándoos, lóxicamente) para que «aprendan».
Unha e outra son estratexias fallidas.
Acaso parezo un can?
Acaso pido que me traian merda ao prato? Acaso mostro interese na merda e promovo o consumo de merda?³
NON.
Motívame a escribir isto o feito de botar fóra esta sensación que me proe. E xa está, pero non podo deixar de preguntarme⁴ que fai que unha persoa que abomina do nacismo (supostamente) perda as súas horas e días acudindo a un bar de nazis, dirixdo por un naci e para proveito económico dos nacis.
Ti e as túas amizades (supostamente) «anti-nazis» acudides a un bar de nazis a reunirvos a un bar de nazis en lugar de xuntarvos na praza da vila, ou no bar de Manolo, no que ninguén anda a hostias (física e verbalmente), a ninguén se lle pregunta con quen se deita (e se o dí pois que o desfruten e alá elas). Ían os «negros» facer asambleas ao bar dos nazis? naceu a loita sindical nos bares dos nazis? ves «maricóns» nos bares do nazis?
O BAR É PROPIEDADE DO NAZI, NON É TEU, NON É A PRAZA PÚBLICA. O «debate» está sesgado e orientado e a batalla perdida.
Fala coas túas amizades e quedade na praza, ou no bar de Manolo. Ou, se o precisades, usade algún recuncho do Fediverso para facelo en internet.
A que ven isto?
Deixei de seguir a moita xente por este motivo, e máis que vou deixar de seguir. Vou quedar só, con media dúcia de persoas, xa o vexo.
Convídote a deixar de financiar aos nazis espallando o seu odio, a deixar de contribuír coa túa presencia e atención. Basta de chorar e ao mesmo tempo financiar o bar dos nazis.
open your eyes, open your mind, proud like a dog, don't pretend to be blind
uso a palabra «nazi» para imitarte, mais prefiro usar «fascista». Creo que é máis xenérica e abrangue maior número de comportamentos sociais.
¹Marcellus Wallace
²Elon Musk
³Se así fose, faimo saber. Por favor.
⁴Can't help it, the girl can't help it 🎵🎵