Utilizo Borg para facer unha copia de apoio diaria do servidor. Leo o resultado do último traballo e envío unha notificación ao móbil.
despois de probar a metelo directamente no traballo programado de Borg
en `/home/USER/ntfy-borg` co seguinte contido:
#!/bin/bash
## este ficheiro é propiedade de root e prográmase no seu crontab
## ENVIAR NOTIFICACIÓN UNIFIEDPUSH AO MÓBIL
# ler o estado de borg (só pode facelo root)
estado=$(sudo yunohost app setting borg state)
ultima=$(sudo yunohost app setting borg last_run)
## son os valores que vemos na interfce gráfica de YNH ao entrar na aplicación Borg
## establezo a prioridade, se todo foi ben pois tampouco se hai que preocupar
if [ $estado == successful ]; then
prio="low"
else
prio="max"
fi
## definición da función
## por agora só hai markdown desde a interface web, pero deixo o axuste por se algún día... (que non creo)
# isto copieino directamente da documentación, sen romper a cabeza
notify () {
# $prio = priority (eg: default)
# $1 = tags (eg: +1)
# $2 = message (eq "Success")
curl \
-H "Title: Resultado de Borg ${ultima}" \
-H "Priority: ${prio}" \
-H "Tags: borg,${1}" \
# -H "Markdown: yes" \
-d "${2}" \
# se creas un tema «random» en ntfy.sh entón non che fai falta o token
# -u :tk_5al1bk--valor do token--q6ckpq \
https://ntfy.sh/app/random-NTFY-TOPIC
}
## SE tes varios traballos destes que notifican ao mesmo «topic» pode se útil usar os cancelos e escribir algo máis descritivo na mensaxe
notify "YNH" "O resultado de Borg de hoxe foi ${estado}"
exit
facémolo executable
chmod +x ntfy-borg
imos ao crontab de root
cd crontab -e
e engado, poñendo a ruta completa ao ficheiro executable, que pode estar onde queiras.
## informar do resultado de borg 0 8 * * * /home/USER/ntfy-borg
gardar e saír e xa estaría.
Aplicación NTFY en f-droid (podes usala para outras cousas a parte desta que conto aquí)
se todo foi ben o próximo día ás 8AM recibirás o resultado da última copia de apoio de *Borg*.
isto fai como ti vexas, se tes varios traballos para os que configuras notificacións podería chegar a ser molesto.
se instalas o teu propio servidor NTFY podes usalo e establecer o valor do token (-u: .....) para que poida publicar ser ter que pasar un usuaria/contrasinal (por privacidade)
Podes usar o teu propio NTFY para darlle servizo a fluffychat, pachli, tusky, etc etc (RTFM para que os temas que comezan por up... poidan subscribirse anónimamente).
Outro día cóntoche como meter a configuración en Borgmatic.
coidado coa indentación e os espazos en branco no script de bash, que me fixo perder un pouco o tempo.
- - -
¹ ntfy.sh é un servizo de acceso libre e gratuíto, ao crear un «topic» ao chou tes unha privacidade razonable sempre e cando non se che de por publicar datos personais na notificación (do servidor, de borg, etc.), pon algo xenérico como o que indico no script, e se non usa o teu propio servidor ntfy (como fixen eu).