autora: Marilar Aleixandre
A obra abrangue varias épocas, é un relato interxeneracional (dise así? non sei eu) que arrinca na xuventude, durante a Guerra Civil española, cando os días solleiros, a area da praia e un lugar secreto só falan do presente.
Son pequenos relatos, algúns como soños, outros crus e arrincados á realidade, todos ben fiados arredor dun suceso cotiá do que ninguén imos poder fuxir.
Para o meu gusto foi un pracer ler este libro, por como está escrito, sen reviravoltas pero por veces poético, por veces duro, pero sempre coas palabras axeitadas para describir o entorno físico (case recoñecible, ou sen case) e os distintos niveis de relacións sociais e familiares (de subordinación, de complicidade) entre os protagonistas.