Inicio

gemlog

 

Mil otoños

 

autor: David Mitchell

 

desde o ⁂ Fediverso ¹

 

moi entretido e documentado

 

Canto aprendes con estas novelas de ficción histórica, onde colocan os personaxes nun entorno real do pasado.

 

É perigoso dar por válidas as posturas políticas que adoptan os personaxes, ou dar por acontecidos os xiros argumentais, pero si serve para comprender a época na que se desenvolve.

 

Non hai que levarse a engano tampouco, incluso a wikipedia é máis realista :D (con respeto). Vaia isto como aviso, que despois lemos as metáforas das Sagradas Escrituras (cales queiras) e montamos un cristo por tomalas ao pé da letra. Ou poñemos morros porque Fulanite traizoou a Menganite nunha teleserie e iso-non-pode-ser-porque-me-caía-ben-menganite.

 

A novela está escrita ao xeito de David Mitchell, ao xeito de xuntar relatos cadeados de xeito máis ou menos liviano (nesta novela máis ligados que noutras) e que narran desde o punto de vista de diferentes protagonistas facendo avanzar o relato.

 

O tempo e distancias a cabalo dos séculos XVIII e XIX non son os asctuais e enruga un pouco o corazón algunha das historias personais e as decisións que toman os personaxes. O «tempo» e a súa escala (o transcurrir) quizás foi un dos aspectos que me causou máis impresión na novela.

 

Vale que é unha novela, pero daslle verosimilitude e méteste na historia tomando partido. O «valor da vida humana» é un activo que non sempre cotizou igual en todas as culturas e épocas, incluso a día de hoxe existe gran variabilidade no mundo en que vivimos. As condicións de salubridade, a expectativa de vida (personaxes con corenta anos no ocaso da vida...).

 

A lectura mantívome enganchado este par de semanas, de xeito regular devorando capítulos cando podía.

 

 

 

¹

https://lectura.social/user/ghose/review/134591#anchor-134591

 

Inicio

gemlog