gemlog

Inicio

 

Retirando linux-firmware-* NON necesarios en Arch

 

tras este anuncio dunha acción particular para «linux-firmware-nvidia»

 

https://archlinux.org/news/linux-firmware-2025061312fe085f-5-upgrade-requires-manual-intervention/

 

onde di que o que antes incluía o paquete «linux-firmaware» agora foi separado en varios paquetes individuais polo que podes instalar só os que son precisos para o teu hardware.

 

Se deixas o paquete «linux-firmaware» todo seguirá funcionando igual, pero é un «metapaquete» sen contido real que inclúe a todos os outros.

 

Seguindo a filosofía de Arch de instalar só o que precises e manter todo ordenadiño, quitei o *metapaquete* e instalei os *firmwares* necesarios no meu caso.

 

Acción manual requerida

 

o meu ordenador que ten Arch só precisa do «linux-firmware-intel» (aínda que me pediu tamén o «wehence») e deixei «outros», por se inclúe algún compoñente preciso cando enchufas algún periférico (lector do DNI, impresora/escáner, cámaras, etc.).

 

Fixen, nesta orde:

 

pacman -R linux-firmware

 

desinstalará todos os outros paquetes. NON reinicies agora. Instala os que precises

 

pacman -S linux-firmaware-intel` et al. (os que precises)

 

Marca como «instalados explícitamente» eses paquetes

 

pacman -D --asexplicit linux-firmware-intel` et al., porque se non aparecerán como «orfos» e igual os desinstalas sen querer.

 

Comproba que se realizou o «makeinitpcio» rexenerando a configuración, se non faino a man (normalmente xa se ocupa pacman diso).

 

Xa podes reiniciar. Se algo non funciona (o wifi?, o son?) mira se algún dos firmwares que crías non necesarios (e desinstalaches) son os causantes do problema. Coidado con isto, os paquetes estarán na caché de pacman, pero igual non inicia o sistema, así que actúa con precaución mirando ben o que precisa o ordenador. En caso de dúbida NON FAGAS NADA e deixa o metapaquete instalado, como ata agora.

 

Inicio

gemlog