achave.gal publica o nome das aves en galego, para identificar desde o nome científico que aparece na aplicación (e/ou en inglés)
a aplicación está en f-droid.org
o modelo de identificación de birdnet que descarga a aplicación (non precisa conexión a internet), con licenza CC BY-SA-NC 4.0
(modelo para identificar aves, uns 30 MB)
traducidas desde a orixe
a aplicación descargará (con conexión a internet) os ficheiros co modelo de BirdNET. Unha vez se instala a aplicación só tes que abrila e comezará a escoitar e analizar.
Se se detecta unha ave o seu nome móstrase de xeito breve. Para unha lista completa con todas as deteccións preme na pestana Ver. Desde alí tamén podes facer copia de apoio, compartir ou eliminar a base de datos que contén as túas escoitas.
Ignorar data e lugar: Desactiva o parámetro do modelo que comproba se unha ave pode estar presente na túa localización neste momento. É útil para analizar gravacións realizadas noutros lugares.
Mostrar imaxes: ao activar esta opción descárgase e móstrase unha imaxe da ave detectada se a probabilidade de identificación é alta.
Orixe do audio: selecciona a orixe do audio que mellor funcione no teu dispositivo. Nomarmente recoméndase «Sen procesar». Se usas un micrófono USB elixe «Micrófono».
Filtro de alta frecuencia: Filtra, desbota, as baixas frecuencias para reducir o ruído de fondo, como o tráfico de coches. Por exemplo, o filtro de 200Hz axuda a minimizar o ruído de baixa frecuencia.
Limiar: Establece a probabilidade mínima requerida para que se mostre unha identificación. Ten coidado se baixas demasiado este valor, porque podería dar lugar a falsas identificacións.
Contribución do Meta Modelo: Ademáis de usar o modelo para a semana actual e localización, esta versión ten e conta o modelo para todas as semanas do ano para esta localización. O resultado final é unha media ponderada ao 50/50 de: - A predición para a semana actual, e - A máxima predición para todas as semanas.
Esta valoración mellora a identificación das aves migratorias, especialmente cando chegan antes de tempo o marchan máis tarde do seu período normal.
Gardar ficheiros .wav: Garda un ficheiro .wav no directorio Music para cada identificación. As gravacións deste directorio non as borra a aplicación, polo que debes eliminalas manualmente. Require Android 12+.
AVISO: Esta opción podería consumir moito espazo de almacenaxe.
Idioma: En Android 13+ podes establecer o idioma da aplicación nos axustes.